BENVIDA
Xa estamos a piques de remata-lo curso e temos que recolle-los froitos das nosas sementes.
Estivemos todo o ano recollendo información e traballando os Animais Galegos en Perigo de Extinción coa inestimable axuda dos artigos publicados en
"La Voz de Galicia" e o seu especial dedicado á fauna Galega.
Moitos de vos xa tedes rematadas as imaxes que pouco a pouco irei "colgando" na BLOG.
Tedes que rematar os textos para acompañalas e a verdade e que xa non queda moito tempo .
Lembrade que todas as imaxes que utilizamos como plantilla podedes atopalas en NATUREZA AMEAZADA .
Tedes que ter un pouco de paciencia porque é un documento de 834 páxinas e é millor que consúltedes o ÍNDICE para atopar máis facilmente o animal buscado.
Despois só tedes que seleccionar o nome en LATÍN "copiar" e "pegar" en GOOGLE e atopáredes o seu nome en Inglés fácilmente.
Buscando só imaxes tamén podedes atopar o nome en inglés ademais de poder ver qué cores ides utilizar para facelas vosas.
Outra idea para reutilizalas é convertilas en selos para utilizar có programa tux-paint e convertilos en protagonistas de novas historias con final feliz.
0 comentarios